El blog de la zoocióloga que quería ser escritora

ETERNAMENTE EN OBRAS - Este blogue naceu da necesidade de sacar fora o meu mundo interior, como ferramente que me axudou a aprender a expresar e transmitir sentimentos en sensacións. Escribir foi o que fixo de min unha persoa que conseguiu evolucionar ata o punto no que me atopo hoxe.

Neste blogue atoparás textos en galego e en castelán porque dependendo do día no que esscriba e dos sentimentos do momento a lingua que se pronuncia pode ser calquera das dúas.

03 noviembre, 2018

Novidades pouco novas

Levo algún tempo sin pasar polo meu blogue, o meu recuncho seguro onde vomitar as cousas que levo por dentro. Quizáis fuxa de certos sentimentos que me removen por dentro ou quizáns en todo este tinglado haxa demasiados recordos... O certo é que dende hai moito tempo non me paro a escribir o que sinto porque, ao meu modo de ver, vou xestionando mellor as cousas que me pasan. Son consciente de que certas reaccións son viscerais pero as asumo coma tal e non me sinto culpable por eso.

Nos últimos meses pasaron moitas cousas e maila todo sigo "felizmente zoocial", agora volco parte das miñas enerxías en escribir noutro blog... pero ese novo blogue non é sobre min, é sobre cans e unha enfermidade moi contaxiosa que sufrimos na casa dende a chegada de Koi, Galguitis Aguda... nese blogue escribo as historias que me mandan outras casas adoptivas de caralápices (enténdase como tal galguis que veñen a Galicia a vivir), case todas de Galgos 112...

Que tolería, os últimos meses entre os nosos cans e o drama de Torito... un can 10 que o adoptan e devolven 2 veces seguidas en menos de 15 días... en fin, non quero opinar sobre esto aquí pero direi que hai xente que é do peor... Quizáis a novidade máis importante destes últimos meses foi o meu cambio de estado civil, si... agora son unha muller casada, e felizmente ademáis... tamén hai cousas negativas que pasaron neste tempo e que asumo con todas as consecuencias (entre elas prescindir do que se supoñía que era unha boa amizade)... mais non me arrepinto de tomar as decisións que tomei, resultado final de un cúmulo de torpes malosentendidos... pero cando unha bola de neve roda por unha ladeira faise cada vez máis grande e chegado un punto non se pode parar ainda sabendo que poida causar estragos.

Espero non tardar demasiado en voltar a escribir... polo de agora xa me despido. Atrás quedan xa decisións tomadas co corazón nun puño. Seguirei en pé maila todo, porque ser feliz é cuestión de actitude fronte aos malos momentos... e como esta menda de malos momentos sabe algo non lle queda outra máis que ser unha resiliente (grazas Elisa por ensinarme esta cualidade).

Sede felices, segue a ser de balde e non esquezades sorrír porque un día sen sorriso é un día perdido.

23 octubre, 2018

Vendedor@s de fume

Eu digo A, pero fago B...
Ti dis que hai perigo,
eu non vexo tal!
A é a opción correcta
dis tentando camelarme,
pero os feitos din B...

Non é unha mentira
mais é unha falsedade...
Eu digo A, pero fago B...
e dígoche A, repítome A!
B é o feito... C o resultado!

Agora sorpréndeste
vendiches fume e coherencia
e as cousas cairon polo seu propio peso
A e B... dicotomías da vida

Os erros exiten, os desamores, as aventuras
As mentiras inventámolas as persoas...
Eu digo A e fago B... mentira ou falsedade?
Sé consecuente, asume que B non é A
Que mentir é feo...
vas de guai, non chegas a chachi
e coas accións danos persoais,
corazóns rotos, historias acabadas...
Sigue dicindo A que os feitos claman B...

Cando mintes debes facelo para sempre
ou a túa versión non se sosterá... A ou B,
dúas caras dunha moeda... dúas versións
Pero en realidade a moeda era un poliedro
dos feitos moitas versión e nós sempre con A ou B
branco ou negro
ben ou mal
ying ou yang...

Hai que tentando non posicionarse
se ve arrastrad@ pola merda dunha falacia,
dicotomías poliédricas, un termo inventado
Falacias que negan
Mentiras que tratan de disimular a verdade
Vendedor@s de fume, de motos
Estafador@s a fin de contas...
CONTIGO NON, BICHO!

04 mayo, 2018

Mente e corazón... vísceras (editado)

Na mente está a razón, a sabiduría
no corazón o amor e os sentimentos
pero hai algo máis abaixo do peito
que convirte a boa xente en mala,
no abdome as vísceras,
egoísmo, capricho, posesión, celo...
que se agochan nas tripas.

O racional, algo pensado estructuradamente
con lóxica e coherencia,
bonito a ollos do mundo, doce...
Todo o mundo desexa ter unha mente estruturada,
queren ser coherentes cos seus pensamentos...
Pero hai algo que ás veces altera o raciocionio,
o sentimento, o corazón...

Din por aí que alí onde fala o corazón
é de mala educación que a razón o contradiga...
Pero as veces esas dúas cousas entran en conflicto,
razón vs corazón, quen gañará?

Esa é unha loita que ninguén nega e está ben vista.
Hai algo peor, escuro, triste e repugnante...
Algo que todo o ser humano ten e que pouca xente recoñece.
Nas vísceras se esconden as sensacións escuras,
os sentimentos menos bonitos e quizáis máis salvaxes:
egoísmo, capricho, posesión, celo, odio, atraccións prohibidas,
luxuria, desexos pouco "éticos", pensamentos escuros...

Admito ser unha persoa caval e racional, boa xente din...
recoñezo entrar en conflicto algunha vez na vida
razón vs corazón... unhas veces gañou a razón, outras non
pero hai algo máis que tamén debo asumir, a parte visceral
algo incontrolable mora no meu ventre,
sensacións e sentimentos a "bocajarro", ás veces incontrolables

Teño que aprender a vivir con eso, acepto esa parte
Entra en conflicto co resto e escoce...
É unha dor irracional e incontrolable, so o aillamento me da paz
Afastarme da orixe, crear un caparazón...
non sei outro xeito de facelo e sempre me funcionou
o prezo que pago por esta situación é moi alto
no camiño quedou xente, cádaveres figurados lles chamo

Agora me atopo de novo na encrucillada de estar diposta,
ou non, a pagar outra vez ese prezo tan alto...
serei capaz de ver outra saída? ogallá...
pero cando as cousas doen tanto sen razón hai que aceptalas,
e se fora preciso escapar o máis lonxe posible
non podo ir a ningures pois estou moi ben aquí,
poño a cucha coma se fose unha tartaruga, a dor persiste...
non queda outra que pagar o alto prezo
liberar a alma do tormento supó o conflicto razon+corazón Vs vísceras

Prescindir dunha desas tres partes é impensable,
sería amputar unha parte do meu ser... pero quero vivir en paz.
En paz comigo mesma... o resto é prescindible

Vomito en forma de soños a raiba que produce,
as paga que menos o merece...
unha e outra vez, de s´pueto... calquera cousa me irrita
non queda máis que traballar para controlar
e non perder a pouca cordura que tiña...

Afástate, non te quero no meu camiño... fora!
Preciso voltar á normalidade dunha mente feliz,
tranquila consigo mesmo... pero de novo...
Corre, corre... lonxe, moi lonxe... muros, pedras...
calquera obstáculo que impida que a cordura se vaia...
debo resarcirme, estar en paz comigo...

Teño que ser coherente, coller esa escuridade
enterrala no máis fondo, deixar que se afunda
non permitir que me leve con ela, ao fondo
onde unha vez estiven.

Admito e acepto os meus defectos, os meus caprichos,
a miña raiba... pero sempre tento desfacerme dela...
A raiba é un factor común en toda a miña vida,
convive comigo, ás veces impide que respire
Aceptación, invasión, desolación, vacío, nada...

NADA, o prezo de sentir escuridade no interior
Fin?...

20 abril, 2018

Abril

Din que o tempo cura as feridas mais co tempo aprendín que é mentira esa afirmación. As feridas perduran e o tempo axúdache a comprender e a aprender a vivir coa dor.

Seis anos hai dende o día que perdín ao home da miña vida, como corre o tempo. Non hai día que non me acorde de aquela marabillosa persoa que tiven coma pai. Non foi unh pai perfecto mais foi (e sempre será) o meu pai ideal.

Segundo o calendario maia o ano 2012 foi o derradeiro e alguén interpretou eso como unha teoría catostrifista da fin do mundo. Por sorte o por desgracia a vida continou despois daquel suposto remate do mundo e seis anos despois me atopo contándovos esto.

Para min o 2012 supuxo a fin do meu mundo, todo se veu abaixo: familia, amig@s, parella... Nese momento percateime que, a fin de contas, neste mundo naces e vives soa (sobre todo nos malos momentos)... A familia estaba devastada por dúas perdas importantes en menos de un ano, a de meu pai e da miña prima e eu tiña que ser un apoio firme... @s amig@s que creía ter estaban a outras cousas, cadaquén ten a súa vida e non llo reprocho... a parella, tentou estar durante algo de tempo pero a súa vida tamén se desmoronou e rematamos por deixarnos.

Aprendín con axuda profesional a elaborar un duelo de forma natural, a reconstruirme a min mesma e a sacar cousas positivas de todo esto. Aprendín gracias a unha boa psicóloga o que é a RESILIENCIA. Ao parecer e segundo o criterio da psicóloga era unha cualidade coa que xa viña pero da cal eu tiña total descoñecemento, non se pode ser algo que non coñeces...

A finais do 2012 xa estaba en proceso de recuperación, a resiliciencia facíame saír a frote pero o nadal foi moi duro e o 2013 chegou enseguida. Despois de cada baixón non quedaba máis remedio que remontar e ainda que había xente ao meu redor nadie sabía como me sentía... Foi un duro camiño e no lugar de un duelo decateime de que tiven que elaborar tres, nin máis nin menos!

O duelo pola perda da miña prima Cloe meses antes da de meu pai se quedou parada pola nova do diagnóstico do home da miña vida, o de meu pai e o que a día de hoxe me parece o menos difícil, a ruptura de parella. Todo en menos de 12 meses! E aquí estou, recordando aquela época tiste con certo orgullo...

Hoxe, ano 2018, son unha persoa feliz que ten malos momentos coma o resto do mundo, boto de menos aos que non están, choro e me recompoño. Houbo momentos desde presente ano que espertaron pantasmas dos pasado, a sombra do cancro, as visitas a hospitais... pero por sorte hoxe non estou soa, teño unha persoa coa que formo equipo e á que quero por encima de todo. Se meu pai e miña prima me viran seguro estarían felices de verme así... Pero abril segue a ser un mes que me remove cousas por dentro.

03 abril, 2018

A evolución dun nome, Toliña

Querida familia,

non quero que choredes por min, estou ben. Esta noite crucei o arco da vella para, por fin, reunirme coa miña querida Cloe. Hai sete anos que non nos viamos e o reencontro foi moi bonito. As dúas estamos ben e desexamos de todo corazón que non estedes tristes porque chegará un día no que toda a familia se volva reunir deste lado do arco.

Quince anos para unha cadela coma min é moito tempo, se fose unha persoa tería estado cobrando a pensión de xubilación dende hai anos. Gustaríame trasladarvos o meu agradecemento por terme coidado tan ben durante a miña vida, nos meus sete primeiros anos de existencia paseei moito por Sanxenxo, fun en descapotable, fun de viños, á praia, ao monte, aprendín que na tele poñen cousas moi interesantes ás que ladrar (documentais de animais, películas de vaqueiros...), descubrín o pracer de perseguir aos gatos, tamén o gusto dos rasquidos de barriga ou de dar volteretas pola area, coñecín a moitos semellantes caninos (pijos, jipiolos, punkis, etc)... aprendín tanto en tan pouco tempo coa miña querida Cloe... Despois enfermou e como non podía darme toda a atención que precisaba me deixou ao coidado da súa nai (a miña segunda, pero non menos imporante, ama e coidadora), na súa casa había horta pola que correr, gatos aos que perseguir, vacas e cabalos aos que ladrar dende a cancela da casa, cando Peta ladraba desde a súa horta eu contestaba dende a miña, tamén facía o mesmo con Luna e Mía ou con calquera animal que se atrevese a alzar a voz nas cercanías da miña casa... foi todo tan divertido!

Este 2018 non foi un bo ano para a miña familia, un problema de saúde do fillo da miña dona fixo que tiveran que pasar todo o tempo fora da casa porque Zalo estaba nun hospital en Vigo. Eu non tiña medo de estar soa na casa, outras veces teño quedado ao coidado e vixilancia da mesma pero esta vez foi diferente. Non sei moi ben porqué, quizáis a idade teña algo que ver, comecei a sentirme sen forzas e comer non me apetecía moito, as poucas veces que Lola viña a casa non tiña forzas para tentar consolala neste amargo trago da enfermidade do seu fillo. Creédeme se vos digo que o intentei pero algo no meu interior non me deixaba a penas moverme.

Un día leváronme á clínica veterinaria da miña querida Siemprelluvia, tiveron que quitarme sangue para indagar que me estaba sucedendo. A miña familia pensou que sería so tristura por terme tanto tempo soa na casa e en parte era así, botaba tanto de menos ver a tele pola noite e que me fregaran a barriguiña... pero había algo máis, algo que me roubaba a forza e a alegría e para non me ter soa máis tempo decidiron levarme a casa dos meus primos Koi e Lucky en Vigo. Encantoume a idea, de marcha todo o día coas Lu's e así non estaría soa tanto tempo.

O resultado do análise non tardou moito en chegar, algo grave estaba afectando a miña saúde e ese era o motivo de todo o meu malestar e falta de apetito. Os riles decidiron deixar de funcionar e eso facía que o meu corpo se intoxicara con valores altísimos de urea en sangue, algo de anemia e creatinina alta. Non o podiamos crer, que mal momento para poñerse mala pero non quedaba outra que aguantar ata que as cousas na miña casa se normalizasen e Zalo se recuperara. Con eses valores era normal non ter apetito, para que o entendades é como cando os humanos teñen ardor ou acidez de estómago, non apetece meter alimento no corpo...

Como me atopaba en Vigo e a miña doutora se atopaba en Ogrobe optaron por levarme á clínica de Navia onde Patri, Marcos, Alicia e compañía me fixeron o seguemento durante varios días. Pasei algún tempo conectada a unha botella de suero, eso calmaba o meu malestar e dábame algo de vidilla para poder saír a pasear á praia. A miña dona podía vir a verme a diario porque maila que estaba no hospital con Zalo sempre atopaba un oco para visitarme, ás veces viña ela, outras ía eu. Durante eses días e a pesar do meu estado coñecín unhas vistas panorámicas de Vigo dende o parque forestal de Beade (ata puiden ladrarlle a un cabalo loiro que paseaba por alí), coñecín Bouzas e Alcabre (lugares frecuentados polos meus primos Koi e Lucky) e incluso algún parque e zona verde de Vigo.

Tentei como puiden aguantar o máximo posible pero o meu corpo non me pedía alimento así que tiveron que embucharme coma a un pavo, cociñaron para min peitugas de pavo e polo (algo que sempre me gustou), incluso algo de arroz e verduras, tamén me compraron algo de fiambre para estimularme pero nada deso facía que tivera gañas de comer. Por sorte a comida que me obrigaban a tomar non me sentaba mal e aguantei algunha semana a base de lata renal e comida preparada ata que por fin Zalo volveu a casa, a miña dona xa podía coidarme e todo parecía que melloraría co paso dos días... pero non foi así. A medida que pasaba o tempo eu tiña menos forza, menos ganas de comer, estaba excesivamente cansa, e non me apetecía saír da cama. Soñaba con tempos mellores, con toda a familia reunida, coa miña primeira dona e sentía que pronto podería reunirme con ela. Rendinme, non podía máis... e teredes que perdoarme por deixarme ir así, medio desganada, sen ganas de mover a coliña con cada visita que viña pola casa, cansa... pero estaba farta de loitar co meu propio corpo!

O soño de reunirme coa miña querida Cloe se facía cada vez máis real, de cando en cando abría os ollos e podía ver as caras tristes de Lola que tentaba coidarme de todo corazón, dos dous Zalos da casa, das Lu's cando viñan de visita... Unhas cantas veces máis tocoume visitar ao veterinario e maila todos os esforzos médicos non houbo maneira de equilibrarme os niveis en sangue... O martes 3/04/2018 sumerxinme nun soño eterno onde as carreiras, ladridos e volteretas pola praia ían da correa da miña amada Cloe, crucei por fin o arco da vella e a vida se fixo soño. Sei que deixo corazóns rotos atrás, Lola, Zalo, as Lu's e en xeral todo aquel que me coñeceu. Non estedes triste, a miña enfermidade renal xa non me afecta, son unha cadela feliz que volve a correr e a saltar, a ladrar a todo canto bicho viviente vexo e o mellor de todo é que teño outra familia deste lado do arco da vella.

Grazas por terme querido tanto, por darme unha vida digna de unha Westy con clase coma min. Lola, Tola, Toliña... a evolución de un nome, o transcurso dunha vida que hoxe toma outra forma. Dende o máis fondo de min, definitivamente GRAZAS!

25 marzo, 2018

Agresividade

Querido blogue,

hai tempo que non che escribo unha carta, últimamente os cans falan por min. Hoxe espertei desconcertada polo contido dos meus soños... que agresividade!

Resulta que non sei como nin porqué, me atopaba eu no colexio onde estudiei, xa era adulta e chegara alí nunha moto estilo choper (non confundir co choped), debiamos estar en algún tipo de reunión ou charla na que se fixo un descanso. As persoas asistentes (coñecid@s meus, famos@s da tele, e outra xente que non ven ao conto) optamos por ir ao baño a facer o que chaman por aí "augas menores"... pois aí comezou o problema. Non había a típica cola que hai nos lugares públicos cando tenta ir moita xente a miccionar, todo o mundo estaba nunha sala onde había duas portas que comunicaban co retrete, naquel lugar había homes e mulleres e cada vez que un retrete queda libre alguén se colaba.

Eu estaba alí, primeiro con cara de parva vendo como a xente non gardaba o turno e se adicaba a colarse para evacuar as súas necesidades, non había respecto. Primeiro chameille a atención a unha persoa, insultoume e saltou o turno, despois outra, e outra e outra... e canta máis xente pasaba a sensación de que a vexiga me ía reventar crecía de forma desmesurada. Peguei un berro, planteime diante dunha das portas e dixen "aquí non entra nin dios ata que mexe!", un tipo empurroume e colouse e eu enfervoricei... a ira que sentía por dentro crecía a un ritmo máis esaxerado que as miñas gañas de mexar. En canto saiu agarreino polo peito e estampeino contra unha parede ameazándoo case de morte, o tipo quedou branco, tropezou e tirou o que se supoñía que era a parede do baño... a multitude pululaba polo pasillo e quedouse mirando, centos de ollos que de súpeto parecían querer ir ao baño... non sei como (a maxia dos soños), levantei aquela parede que parecía de cartón, pechei a cal en canto a porta de acceso ao baño e quedei soa (ou eso pensaba) para proceder a aliviar aquela presión abdominal. Desabrochei o botón do pantalón, baixei a cremalleira (o que no meu pobo lle din "pitrina") e cando me dispoño a mexar escoito un ruido e ábrese a porta do lado, alí había catro mulleres e de súpeto unha tenta colarse no meu retrete.

O cabreo nese momento era como nunca o imaxinara e sentira, comecei a empurróns, a patadas e a puñetazos con todo mentres berraba "ESTO NON PODE SER, JODER!!", "SODES TODOS UNS MALEDUCADOS", "AAAAAAAAAH"... a xente empezou a fuxir en estampida, enseguida caeu de novo a parede que dividía o baño do pasillo, a xente corría e tropezaba horrorizada daquel monstro no que me convertira. De súpeto agarrei unha cadeira con unha man e como quen lanza unha pedra ao mar tireilla á cabeza a Silvia Abril (non me preguntar que facía no meu soño), despois collín outra e estampeilla a un descoñecido e así unhas tres ou catro veces ata que se acabaron as sillas que había alí... a xente corría cada vez máis, pero non deixaba de haber público mirando aquel grotesco escenario de xente con sillas nas cabeza e unha tía furiosa repartindo leña a "diestro e siniestro", o curioso do asunto é que non había sangue por ningún lado... Non sei como nin porqué había unha sombrilla de praia no corredor e boteille a man, o pau serviume de lanza para espichala nalgún tórax anónimo que pululaba polo lugar e cando me dispoñía a lanzalo cal xavelina contra unha muller asustadísima soou o espertador.

Qué significa este soño? Gardo tanta ira dentro que me leva a liberala en forma de aberracións oníricas? Non sei, dareille un par de voltas ao asunto e mentras tanto seguirei a rir deste disparate de soño.

Grazas por recibir estas parvadas, querido blogue...

20 febrero, 2018

O soño azul dos galgos

Veño de ler unha historia que me namorou... Si, vai sobre cans, si... GALGOS... esas maxestuosas criaturas que hai algún tempo non me gustaban demasiado. Descoñecía a súa triste realidade no centro e sur da península ibérica. Hoxe podo dicir que me teñen namorada, e todo gracias a Galgos 112, Rechi, Koi, Penny, Leda, ... e por suposto á miña parella que sempre quixo adoptar a un... Bueno, aquí vai a historia que traducín pola miña conta:
Di unha antiga lenda de non se sabe onde que os galgos cando soñan o fan en azul. Ninguén sabe moi ben o motivo deste feito pero segundo as xentes de un pobo perdido dunha montaña moi alta de Suiza, é polo seu desexo de chegar ao ceo cando saltan de alegría.

É tal a sensación que nos deixa está información no corazón que se nos plantexaron algunhas dúbidas... Que pasa cando os nosos amados lebreles non son felices por non ter unha familia que os queira? Soñan en azul? Parece ser que cando un galgo non é querido e se abusa del, soña sombras por non poder ver máis alá da tristeza, a súa vida se lle volve turbia e non consiguen distinguir a cor da esperanza ou da ledicia.

É posible, entón, devolverlle o soño azul a un galgo rescatado? A respostar non deixa lugar a dúbida, SI. O azul dos soños dos nosos galgos rescatados se volverá máis intenso e brillante, ata un punto inimaxinable, poden ver en azul ata cando están espertos porque se volven tan felices que xa non distinguen entre soño e realidade. 

Se adoptas un galgo, devólveslle a oportunidade de vivir unha vida de cor azul.

10 febrero, 2018

Perdendo a fe na humanidade?

Bos días mundo,

hoxe quero escribirche unha carta para preguntarche que é o que che pasa. Non entendo nada do que está acontecendo, a medida que avanzan os tempos a humanidade dexenera. Hai un tempo que decidín non ler moito os xornais, tantas noticias manipuladas, tantas miserias, tantas atrocidades... non sei, chegou un punto no que me supera e prefiro vivir cos ollos pechados.

Son consciente de que vivimos nun sistema corrupto, cheo de xente aproveitada que non dubida en pisar a cabeza de outra persoa por lucrarse e ser mellor... mellor en que? Mellor no sentido económico, porque vivimos nunha sociedade no que o ter máis e mellor premia por riba de ser mellor persoa... aparentar, ter, gastar, necesitar... NON ME GUSTA!

Onde quedaron os valores das persoas, onde está a xente boa, onde? Que fixeches con eses seres anónimos que se preocupan polos seres que ten no seu entorno, que non dubidan e botarche un man cando o precisa, que te escoita, que che fala co corazón na man, que non te xulga porque non tes o móbil máis moderno ou o coche máis bonito? ONDE? ONDE ESTÁN?

Hoxe horroriceime ao abrir un xornal e ler os titulares... Corrupción política, como é habitual nesta merda de país, movementos estudiados polos que dictan sentencia contra un organismo podre... pero eh, tranquilos... CATALUÑA!! Mirade para esa nación que quere romper coa UNIDADE DE ESPAÑA (esa que defendía e inculcaba Franco en todos os ámbitos da vida de calquera, afín ou non a aquel réxime). MIRADE, MIRADE, ESTA XENTE CANTALANA ESTÁ TOLA! QUERE A INDEPENDENCIA! E mentres nos medios nos bombardean e nos cegan con esa (des)información non vemos que nos siguen roubando dereitos, que están acabando coa sanidade pública, que blindan os seus cus a costa de vender os nosos (non vaia ser que non poida sentarse en sillóns de coiro e teñan que pousalo no chan)...

Sigamos absortos nas redes sociais, protestando por aí, non saiamos á rúa e paralicemos o sistema... o sistema non funciona sen as persoas, que se vos meta na cabeza... nós somos moitos e eles poucos... se nós non loitamos polos dereitos, ninguén o fará, e menos estes gobernantes de pouca monta... Pero bueno... esa non era a cuestión, xa me desviei do tema que quería trartar, pero unha ten tanto que dicir ao respecto que non pode calar... ao tema! HOXE HORRORICEIME AO LER O XORNAL... Por que? Porque non dou crédito a todas as atrocidades:

Menores que abusan sexualmente dos seus compañeiros de clase, ou que tenta agredir a mulleres sexualmente, soldados patriotas que abusan de unha compañeira... está de moda a "manada"! QUE HORROR! Hai uns días unha nena de 11 anos da a luz... o pai da criatura é o seu propio irmán, tamén menor... ESTAMOS TOLOS OU QUE?? Escandalizada con todos os casos de violencia e asasinatos machistas, agresións, violacións en masa,... o que máis me escandaliza é que nalgúns dos casos que vos mencion os agresores son CHAVALES, MENORES... QUE CHE PASA MUNDO?

Esto fai que me pregunte se realmente estamos educando ben aos nosos xóvenes (falo en masculino si, porque eles son os que cometen as violacións), que clases de valores lle ensinamos... na miña mente a resposta é NINGÚN! Coas rapazas tampouco o estamos facendo moi ben e deberiamos replantexarnos moitas cousas. Non quero entrar en detalles dos porqués de todo esto pero hai un denominador común que se chama MACHISMO, que ainda que moita xente diga que non existe está aí, en todo e en tod@s, pero se non somos quen de cambiar as nosas mentes, difícilmente poderemos ensinarlle valores de respecto e igualdade a @s nos@s menores.

Miña nai e meu pai, ainda que me educaron sin concienciación feminista, ensináronme uns valores de respecto hacia o resto das persoas, tamén me ensinaron que non son mellor por vestir de marca X, que as cousas (non so as materiais) teñen un valor e que non podiamos vivir por encima das nosas posibilidades... ensináronme o respecto e o amor polos animais, pola natureza e moitas cousas boas e con elas hoxe podo dicir que teño uns principios e ainda que son Marxista, das de Groucho, "estes son os meus principios e se non lle gustan, NON hai outros".

O que observo agora é que a rapazada é educada pola tecnoloxía, móbiles intelixentes, Smart TV, tablets, ... Ainda que sucumbín á nova era e son usuaria de smartphone, ás veces párome a pensar e dame medo pensar que teño algo máis listo ca min no peto... pero gústame pensar que ese aparato non vai ser que eduque a @s meus/miñas fill@s (se aglún día teño), e que tal vez algo de min quede nas videiras xeracións, igual que en min hai algo de meu pai e de miña nai...

E xa non quero entrar a falar das atrocidades que cometen contra os animais, abandono indiscriminado de cans (que son empregados como ferramentas de caza e que, coma quen tira un obxecto cando non vale, cada febreiro se incremeta o número de galgos, podencos e outras razas empregadas para este "deporte" tan sádico), de gatos, e de moitísimos outros animais... Cando nos vai entrar na cabeza de que eles tamén teñen dereitos, que non son cousas, son seres que sinten...

Dende que adoptamos a Koi, o galgo canoso que mora no noso sofá, unha realidade atroz se abreu ante os meus ollos... non coñecía a situación do galgo neste país de pandereta ata que a delegada de Galgos 112 nos contou algunhas das cousas que pasan por aí polo sur... SEN PALABRAS...

Din por ahí que non se pode loitar contra todos os males do mundo, que unha persoa soa non pode cambiar unha sociedade tan podre... pero despois de todo esto, de todas as merdas que saen no xornal e outras que non o fan... cando creo que estou perdendo a fe na humanidade, aparecen eses destellos de luz no ceo da noite... persoas que coma min ainda creen que hai persoas boas e que con pequenos xestos se pode facer desta borralla algo bo. Gracias a esas poucas persoas que creen que un mundo mellor é posible, manteño a fe na humanidade e espero que pouco a pouco poidamos cambiar as nosas cabezas, ordenar as ideas, ver máis alá da merda que nos asolaga e quedarse co BO... porque si, querido mundo, estás moi tolo pero ainda tes cousas boas...

Hai unha frase que fixen miña hai uns anos, cando decidín comezar a cambiar a cabeza e deixar de ser unha cinza... UN MUNDO MELLOR É POSIBLE SE COMEZAMOS POR UNHA MESMA!